Saturday 27 de April de 2024

Arrancou a tempada na piscina municipal do Muíño


Ata o vindeiro 9 de setembro a piscina municipal do Muíño manterá aberta as súas portas. Esta mañá inaugurouse a nova tempada de verán, contando cun bo números de bañistas nesta primeira xornada na que o bo tempo e as altas temperaturas acompañaron para darse un chapuzón. O horario de acceso será de 11 a 21 horas ininterrompidamente.

As persoas interesadas en adquirir os seus carnés mensuais ou para toda a tempada deberán apuntarse na Concellería de Deportes de 9 a 14 horas. Os prezos oscilan de 20 € 12 € mensuais segundo sexan ou non maiores de 16 anos. Hai descontos do 50% para as familias numerosas. A partir da vindeira semana, demais darán comezo os cursillos de natación para nenos e nenas